Programación especial polo Día Mundial do Medio Ambiente
Dende o Ateneo Santa Cecilia sumámonos á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente (05/06/2026) cunha programación moi especial 🌍💚
🎬 Venres 29 de maio (20:00 h, no Ateneo): Proxección e posterior coloquio da curtametraxe “Raíces. Da utopía en diante”. Un proxecto froito de máis de tres anos de traballo, presentado por Illa Bufarda e Feitoría Verde, e realizado en colaboración coas mulleres da Asociación Veciñal O Reguiño 🌱✨
🌿 Venres 5 de xuño (20:00 h, no Ateneo): Charla “Herbas, orballo e lume: o significado das herbas de San Xoán”, impartida polo paisaxista marinense José Souto. Coñece de preto a maxia e a tradición botánica da nosa terra da man dun experto 🔥
Ollo❗: Ao remate da charla, decidirase o horario da saída ao campo do sábado 6 pola mañá para identificar e recoller algunhas das herbas tratadas na charla 🧺 As persoas que queiran ir á saída e teñan nenos/as ao seu cargo, poden deixalos mentres no Ateneo participando na seguinte actividade 😉👇🏻
🎨 Sábado 6 de xuño (de 11:00 a 12:30 h, no Ateneo): Obradoiro infantil gratuíto de manualidades con materiais de refugallo. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 7 anos para aprender a reciclar xogando ♻️
Agardámosvos! 👏🏼