Xa temos nova lectura para o Club de Lectura do Ateneo 👇🏼
Na sesión de novembro falaremos sobre a novela “El sueño del jaguar”, de Miguel Bonnefoy, unha épica saga familiar inspirada na singular mitoloxía familiar do propio autor 📚
🗓️ Día: Mércores 25 de novembro
⏰ Hora: 18:30
📍 Lugar: No local do Ateneo (Rúa do Forno, 42 – Baixo, Marín)
Se tes ganas de debater sobre esta fascinante trama que abrangue tres xeracións, cen anos de revolucións e mil historias de amor, agardámoste no Ateneo! 💬 A entrada é libre e gratuíta 😉
Sinopse 📖: Cando unha mendiga muda de Maracaibo, en Venezuela, atopa un neonato abandonado nas escaleiras dunha igrexa, non se imaxina o extraordinario destino que lle agarda ao neno. Criado na pobreza, Antonio será vendedor de cigarros, estibador e mozo nun burdel antes de converterse nun dos cirurxiáns máis ilustres do seu país. Conseguirao grazas á axuda dunha muller excepcional, Ana María, a primeira médica da rexión, coa que terá unha filla á que lle poñerán o nome da súa propia nación: Venezuela. Ligada para sempre ao lugar que a viu nacer, Venezuela soñará con marchar a París malia telo todo en contra. Será finalmente no caderno de Cristóbal, o último elo da familia, onde botarán raíces as mil historias desta asombrosa liñaxe.