XORNADAS MICOLÓXICAS 2026

Cuándo

Oct 21 - Oct 24    
00:00

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

Chega o momento máis agardado polas persoas amantes dos fungos e dos cogomelos: as Xornadas Micolóxicas do Ateneo Santa Cecilia de Marín!! 🍄🍄‍🟫❤️

O ciclo de conferencias celebrarase do 21 ao 23 de outubro, culminando cunha saída ao monte o sábado 24 de outubro pola mañá 🌳🍂 (se o tempo o permite… 🌧️).

Todas as actividades son de balde e con entrada libre ata completar a capacidade do local 👏🏼

PROGRAMA DAS XORNADAS 📋

Conferencias (ás 20:00 h no local do Ateneo – Rúa do Forno, nº 42, baixo):

  • Mércores, 21 de outubro: Introdución á Micoloxía, por María Cabaleiro (bióloga e doutora en etnomicoloxía. Membro de MycoGalicia).
  • Xoves, 22 de outubro: Bos cogomelos comestibles, por Hugo Fernández (biólogo especialista en biodiversidade e conservación. Membro de MycoGalicia).
  • Venres, 23 de outubro: Cogomelos dos soutos galegos, por Jaime Blanco (micólogo e presidente da Asociación Micolóxica BRINCABOIS).

Saída ao monte (sábado 24 pola mañá):

Unha actividade práctica impartida por Jaime Blanco para identificar distintas clases de fungos no seu hábitat natural (confirmaranse horario e punto de encontro na charla do venres 23).

Agardámosvos! 😉

Coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Marín ✨

Comments are closed.

Close Search Window
↑