Exposición “Arte e Sensibilidade” da Asociación ALBA
Este venres 25 de setembro, ás 20:00 h, na sede do Ateneo Santa Cecilia damos a benvida ao outono cunha inauguración moi especial 👇🏼
“Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora o vindeiro 10 de outubro baixo o lema «Fai match coa túa saúde mental», a Asociación ALBA convida á cidadanía a achegarse a «Arte e Sensibilidade», unha exposición de pezas elaboradas polas persoas usuarias nos obradoiros da asociación. Unha mostra de creatividade, expresión e encontro coa comunidade que nos lembra a importancia de conectar coa nosa saúde mental, escoitar o que sentimos e compartilo cos demais.”
A mostra estará no Ateneo do 25 de setembro ao 12 de outubro (luns a venres de 18:00 a 20:30 h). Animádevos a vir para descubrir de preto todo o talento, creatividade e sensibilidade que hai na Asociación ALBA! 😊