O vindeiro venres 6 de novembro, vémonos ás 20:00 h no salón de actos do IES Illa de Tambo para gozar da obra teatral “Merenda no campo” 🧺🌳 A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo 💸
A cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior 🎭, esta adaptación do libro “Picnic” de Fernando Arrabal é un claro argumento contra a guerra que se pode englobar no teatro do absurdo.
En palabras da A.C. Fonte da Tella:
“Unha das obras máis representadas en todo o mundo —e quizais a máis emblemática do seu autor— é un berro contra o fracaso inherente que supoñen as guerras. Hoxe, máis e peor que nunca, hai quen se empeña en seguir asolando o mundo coa complicidade silenciosa da sociedade. Non se pode mirar cara a outro lado. Por iso: guerras nunca máis”.
Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.
Agardámosvos! 👏🏼