Club de lectura de MAIO

Cuándo

May 13    
18:30

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

Club de lectura de MAIO

A sesión de maio do noso Club de Lectura terá lugar o día 13, data na que comentaremos o libro “Mulleres que viven xuntas” de Abril Camino. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración ❤️💔

Por que ler esta obra? 🧐: Gañadora do Premio Xerais de Novela 2025, esta historia interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas, especialmente no rural galego e en pleno franquismo.

🗓️ Día: Mércores, 13 de maio
⏰ Hora: 18:30 horas
📍 Lugar: No noso local (Rúa do Forno, 42 – Baixo, Marín)

A entrada é libre e gratuíta. Se queres facer unha viaxe ao corazón da nosa memoria e descubrir as historias que o silencio non puido borrar, anímate a vir!😊

Comments are closed.

Close Search Window