Que mellor plan para rematar o mes de outubro que vir este mércores 28 ás 19:30 h ao Ateneo para gozar do documental “Ramón Otero Pedrayo. Dereito á paisaxe”? 🎬
Coa participación de Xosé Eduardo López Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo, e María José Bravo Bosch, catedrática da Universidade de Vigo e directora do documental, esta peza percorre a vida de don Ramón, desde a súa infancia en Trasalba ata as súas viaxes por Galicia, sen esquecer a súa depuración como catedrático polo franquismo.
A través de recreacións cinematográficas e entrevistas a destacados especialistas, reivindica a modernidade do seu pensamento e a súa defensa da paisaxe como expresión da identidade galega ❤️
O documental, realizado no Ano Oteriano 2026, destaca especialmente a súa Guía de Galicia, no centenario da súa publicación 👏🏼
Agardámosvos! 😉