Club de lectura de SETEMBRO
Volven as reunións mensuais do Club de Lectura do Ateneo! 👏🏼
E como xa adiantamos na última publicación de xuño, a lectura escollida para esta volta das vacacións é “El buen mal” de Samanta Schweblin 📚
Por que ler esta obra? 🧐: A aclamada autora arxentina transpórtanos a través dos seus personaxes a un punto de non retorno onde o cotián se volve hipnótico e ameazante. Cunha prosa precisa e chea de tensión, estes relatos convídannos a reflexionar sobre zonas ambiguas como a culpa, o temor e o desexo, deixándonos cos monstros da vida diaria tan preto que case podemos sentir o seu alento.
🗓️ Día: Mércores 16 de setembro
⏰ Hora: 18:30
📍 Lugar: No local do Ateneo (Rúa do Forno, 42 – Baixo, Marín)
A entrada é libre e gratuíta. Se queres gozar dunha narrativa única que combina abraio e inquietude, anímate a vir! 😊