Presentación do libro "Comerás Flores" de Lucía Solla Sobral

Cuándo

Mar 28    
12:00

Dónde

Museo Municipal Manuel Torres
3, Avenida de Ourense, Marín, Borrador, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

Presentación do libro “Comerás Flores” de Lucía Solla Sobral

Por fin podemos anuncialo! 📚🌻🌷🪻🌹

É unha honra, unha alegría e, sobre todo, un orgullo enorme para o Ateneo confirmar que Lucía Solla Sobral presentará a versión en galego do seu aclamado libro “Comerás flores” na súa propia vila 😍

O encontro, no que a autora conversará coa recoñecida escritora Arantza Portabales, terá lugar o sábado 28 de marzo ás 12:00 horas no Museo Municipal Manuel Torres de Marín 👏🏼

Agardamos pola vosa compañía para festexar o éxito de Lucía, arroupala nesta cita tan especial e descubrir os segredos dunha historia que está conquistando ao mundo enteiro! 🌍

E por se fose pouco… ao remate do acto, a autora asinará exemplares da obra! ✍🏼✨ Tamén haberá un espazo para mercar o libro no momento por se alguén aínda non o ten 😉

Coa colaboración do Concello de Marín, Libraría Metáfora, Libros del Asteroide e Aira Editorial ❤️

Comments are closed.

Close Search Window