Montse Dopico presenta «Abonda con Vivir» un libro sobre Luisa Villalta, a escritora homenaxeada este ano no día das Letras Galegas.
Este venres día 26 de abril as 20.00 h Montse Dopico falará no Ateneo Santa Cecilia sobre a vida e obra de Luisa Villalta recollida nun libro «Abonda con Vivir». Escrito a xeito de Biografía con retallos da memoria que foron aportando persoas que formaron parte da súa vida afectiva.
Montse Dopico como xornalista e como docente ofrécenos unha análise literaria, sociolóxica e histórica que nos permite coñecer todas as mulleres que foi Luisa Villalta. Un diálogo con forma de reportaxe na que vai explicando quen era Luisa e porque escribiu o que escribiu.
Podemos descubrir a Luisa feminista, a súa preocupación pola igualdade de xénero, polos problemas sociais, pola literatura ou as artes como a música, pero sobrotodo, pola cultura con un gran compromiso polo idioma galego.
Desde as páxinas de este libro coñeceremos a autora e as razóns polas que a Real Academia Galega decidiu adicarlle este 17 de Maio, o Día das Letras Galegas.