Proxección da curtametraxe “RAÍCES. DA UTOPÍA EN DIANTE”
Estamos de estrea! 🎬✨Este venres, 29 de maio, ás 20:00 h, proxectamos no Ateneo Santa Cecilia a curtametraxe “Raíces. Da utopía en diante”, un proxecto froito de máis de tres anos de traballo presentado por Illa Bufarda e Feitoría Verde e realizado coas mulleres da Asociación Veciñal O Reguiño 🌿
Despois do pase, haberá un coloquio moi especial coas persoas promotoras do proxecto 🗣️
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala. Agardámosvos! 🍿
Sinopse da obra:
“2074. A vida en comunidade da parroquia de Biduído vese desestabilizada por unha praga que ataca os cultivos e que pon en perigo o autoabastacemento da poboación. Rosalía, co apoio das Cascudas, o seu grupo de amigas, procura a contrarreloxo unha solución amable coa terra. A súa vida ponse do revés aínda máis ao chegar un antigo amor que procura ser correspondido.” 👏🏼