Presentación da Revista Cultural AUNIOS nº31
Este venres 22 de maio ás 20:00 h tendes unha cita no Ateneo✨ Presentarase o número 31 da revista cultural Aunios, editada pola Asociación Cultural “PineirÓns”.
Que é Aunios? 🤔 É unha revista cultural de etnografía, historia, xeografía e literatura, centrada na illa de Ons e no sur de Pontevedra; un referente que leva máis de tres décadas poñendo en valor a nosa historia 👏🏼
De que falan neste número? Este número en concreto recolle achegas de autores de Marín, Bueu e o Morrazo, entre outros 🌊📝
No acto contaremos coas intervencións 🗣️ de:
• Tino Pardellas (Presidente da A.C. “Pineiróns”)
• Xulio Pardellas (encargado de presentar os contidos)
Ademais, ao remate do acto, todas as persoas asistentes recibirán un exemplar da revista de balde! 🎁
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Agardámoste! 😊