OBRADOIRO DE ARTE DIXITAL
O curso titulado «OBRADOIRO DE ARTE DIXITAL», dirixido a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO que consiste en aprender a debuxar no portatil ou ordenador de sobremesa con tableta (dispositivo informático móvil no que non existe un teclado físico), o que permite unha perfecta definición do debuxado como poden comprobar no cartaz anuciador que anexamos. Terá a duración do curso escolar e realizarase un día á semana en horario de 17 a 19.
O prazo de matrícula queda aberto desde este momento e ata o día 11 do mes de outubro.
Para mais información poden contactar co Ateneo en horario de 18:00 a 20:30 horas, de luns a venres