Exposición “Obxecto prezado nunca se compra” de Susana de Castro
Hai cousas que o diñeiro non pode mercar… porque están cheas de vida ✨
O vindeiro venres 8 de maio, ás 20:00 h, tes unha cita no Ateneo Santa Cecilia coa inauguración de “Obxecto prezado nunca se compra”, a nova proposta pictórica de Susana Beatriz de Castro Teixeira 🎨❤️
Animádevos a entrar neste universo único proposto pola artista, onde os obxectos cotiáns deixan de ser simples cousas para converterse en portadores de memoria, afecto e experiencia, actuando incluso como extensións do corpo…
A través dos seus encadramentos, Susana convídanos a asomarnos a eses “segredos” onde o doméstico se volve narrativo. Aquí, a fantasía, o naïf e a inocencia reivindican o xogo, a imaxinación e o pracer de crear como o verdadeiro motor da arte… Vascho perder? 😉
Exposición aberta ao público no Ateneo do 8 ao 22 de maio. Horario de visitas: L-V de 18:00 h a 20:30 h. Entrada libre e de balde 👏🏼