Charla Coloquio - "Antigas coplas de barcos e carros triunfais"

Cuándo

May 02    
20:00 - 21:00

Dónde

Museo Manuel Torres
Avenida de Ourense, 3, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible
EXPOSICIÓN E CHARLA-COLOQUIO
Antigas coplas de barcos e Carros Triunfais da festa dos Maios de Marín (1911-1919)
 
Coa chegada da primavera, acércase a celebración dos tradicionais Maios e Embarcacións, por iso, ademáis do tradicional Concurso de Maios e Embarcacións que terá lugar o vindeiro mércores, 1 de maio, o Arquivo Molas en colaboración co Ateneo Santa Cecilia e o Concello de Marín, organiza unha exposición de antigas coplas de barcos e Carros Triunfais (1911-1919) así como unha charla coloquio das mesmas a cargo de Enriqueta Otero Farto «Queta Molas».
A charla-coloquio terá lugar, o xoves 2 de maio ás 20:00 na sala de conferencias do Museo Torres. No coloquio tratarase ademais dos costumes ao redor da festa que dende finais dos anos vinte nos deixaron algunhas testemuñas de veciños/as de Marín que recordaban da súa nenez daquel tempo.
Rematará a exposición-coloquio nos anos 50, a través das experiencias persoais da poñente, Enriqueta Otero Farto «Queta Molas», que participa na festa nos anos que representan o xerme do concurso que coñecemos hoxe en día.

Comments are closed.

Close Search Window