Charla “Herbas, orballo e lume: o significado das herbas de San Xoán” e posterior saída ao campo
Cales son os segredos que agochan as herbas de San Xoán? 🌿🔥
Para celebrar que a noite máis máxica do ano está á volta da esquina, o vindeiro venres 5 de xuño ás 20:00 h terá lugar na sede do Ateneo a charla “Herbas, orballo e lume”, impartida polo recoñecido paisaxista marinense José Souto, quen fará unha viaxe fascinante pola simboloxía, usos tradicionais e sabedoría das plantas, empregadas nunha tradición que forma parte da nosa identidade ✨
E hai máis! Se o tempo acompaña, o sábado 6 faremos unha saída ao campo para identificar e recoller as herbas 🧺. O horario e o punto de encontro concretaranse ao rematar a charla do venres, así que non podes faltar! 😉
Ambas actividades son de entrada libre e de balde e están enmarcadas dentro da programación do Ateneo polo Día Mundial do Medio Ambiente (05/06/2026) 🌱