Atención, alumnado de Marín! 📢 Chega a proxección e entrega de premios da II edición do Concurso Audiovisual: Ano Manuel Torres ‼️
Cando? 🤔 Este mércores 25 de novembro, ás 20:00 horas. Onde? 🤔 No salón de actos do IES Illa de Tambo 📍
Durante o acto proxectaranse todas as pezas presentadas e, igual que na anterior edición, todas as propostas levarán un recoñecemento, independentemente da clasificación final! 👏🏼 Se enviaches o teu vídeo e queres saber se leva o primeiro, segundo ou terceiro premio, garda a data! 🥰
Ademais, lembramos que a entrada é libre e de balde, polo que convidamos a todas as familias, amizades e veciñanza a acompañarnos nesta xornada tan cinematográfica 🎬🎞️🎦