CELEBRACIÓN DO DÍA DE SANTA CECILIA: CONCERTO DE "SUL PONTICELLAS" E HOMENAXE ÁS PERSOAS SOCIAS DO ATENEO

Cuándo

Nov 20    
20:00

Dónde

Instituto Illa de Tambo
Rúa da Estrada, 11, 36900, Marín. Pontevedra, 36900

Tipo de evento

Mapa no disponible

Con motivo da celebración do Día de Santa Cecilia e do 74 aniversario da nosa entidade, o vindeiro venres, 20 de novembro, ás 20:00 h, celebraremos no salón de actos do IES Illa de Tambo de Marín o concerto de “Sul Ponticellas” e unha emotiva homenaxe ás persoas que forman parte do noso Ateneo 🎼🎻❤️

“Sul Ponticellas” é un cuarteto internacional de violonchelos creado en marzo de 2025 polas intérpretes Lorena Yáñez, Jessica Gonçalves, Paula García e Verónica Valido 🎶

No concerto do día 20 farán mostra da súa ampla experiencia artística e gran versatilidade interpretando grandes éxitos internacionais do pop e do rock como “Mamma Mia ou Eye of the Tiger”, cancións que forman parte da banda sonora das nosas vidas, como “Mi gran noche”… 😉

A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do salón de actos 💸

Agardamos contar coa vosa presenza neste día tan especial para o Ateneo 😍

Comments are closed.

Close Search Window
↑