Exposición "Facianas da fama" de Lidia Alarcón

Cuándo

Nov 19 - Dic 03    
18:00 - 20:30

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

Lidia Alarcón non falla á súa cita anual co Ateneo! 😊🖼️

O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 20:00h, terá lugar no noso local a inauguración de “Facianas da fama”, a nova exposición pictórica de Lidia Alarcón Pazos.

A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo 🎟️

Con “Facianas da fama”, Lidia amosa a súa habilidade para capturar a esencia, as emocións e as particularidades de recoñecidas figuras da música, do cine e das artes 🎭🎨🎬🎶

Esta exposición dá continuidade á liña de retratos inaugurada pola artista o ano pasado no Ateneo con “Facianas de muller”, que obtivo unha excelente acollida por parte do público 😉

A mostra estará aberta do 19 de novembro ao 3 de decembro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 horas.

Agardámosvos! 👏🏼

Comments are closed.

Close Search Window
↑