ACTUACIÓN MUSICAL DE AMANCIO PRADA
Dentro dos actos do noso 74.º aniversario ❤️, o vindeiro venres 27 de novembro, ás 20:00 h, o Auditorio de Marín acollerá a actuación do compositor e cantautor Amancio Prada, 50 anos despois da súa primeira visita á nosa localidade 🤩🎶
A entrada será numerada e de balde ata completar a capacidade do recinto, sendo preciso retirala previamente no local do Ateneo (Rúa do Forno n°42, baixo 📍).
Apuntade ben os prazos de recollida! ✍🏼
- Socias e socias do Ateneo: Do 5 ao 30 de outubro (de luns a venres, de 18:00 a 20:30 horas). Máximo 2 entradas por persoa socia 🎟️ (Comprobarase que estean ao corrente de pago do último recibo anual, semestral ou trimestral).
- Persoas non socias: A partir do 2 de novembro (mesmo horario e ata fin de existencias). Máximo 1 entrada por persoa 🎟️ (É imprescindible presentar o DNI).
Estamos desexando que chegue o día! ✨ Será unha cita moi especial para celebrar máis de sete décadas de cultura en Marín e reencontrarnos coa voz inconfundible de Amancio Prada 👏🏼