Exposición “Emocións en lenzo” de Ana Mónica Oliveira

Cuándo

Jun 26 - Jul 10    
20:00

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

Exposición “Emocións en lenzo” de Ana Mónica Oliveira

Cantas emocións collen nun lenzo? 🖼️✨

O vindeiro venres 26 de xuño ás 20:00 h, inauguramos na sede do Ateneo Santa Cecilia a exposición pictórica “Emocións en lenzo” da artista Ana Mónica Oliveira 👏🏼

Desde que en 2018 decidiu dar o salto formal á pintura, Ana Mónica non deixou de explorar o poder das cores e as formas. Pero se hai algo que de verdade a apaixona, é o retrato: esa maxia de capturar nun instante a esencia, a alma e a personalidade de cada suxeito. Para ela, cada cadro é unha viaxe de aprendizaxe e crecemento persoal que agora quere compartir con todos nós 🎨

Exposición aberta ao público no Ateneo do 26 de xuño ao 10 de xullo. Horario de visitas: L-V de 18:00 h a 20:30 h. Entrada libre e de balde. Agardámoste! 😉

Comments are closed.

Close Search Window