Celebración Día de Santa Cecilia 2025

Cuándo

Nov 22    
20:30

Dónde

Tipo de evento

Celebración Día de Santa Cecilia 2025

Con motivo da celebración do Día de Santa Cecilia e do 73 aniversario da nosa asociación, o vindeiro sábado, 22 de novembro, ás 20:30 h, terá lugar na Igrexa Vella Santa María do Porto de Marín o concerto de “Cuerdas Atlánticas” e unha emotiva homenaxe ás persoas que forman parte do noso Ateneo ❤️

“Cuerdas Atlánticas” é unha formación integrada por profesionais da música cunha ampla experiencia en orquestras sinfónicas tanto a nivel nacional coma internacional 🌍

A súa proposta musical caracterízase por unha fusión novidosa entre o repertorio clásico e as tendencias actuais, empregando a linguaxe do cuarteto de corda 🎻

Temas coma “She” de Elvis Costello, “Volver” de Carlos Gardel, “⁠Piratas del Caribe” de Hans Zimmer ou “Viva la vida” de Coldplay son algunhas das pezas que interpretarán neste evento 🎶

A entrada é de balde para todo o público ata completar aforo 💸

Non deixedes pasar esta marabillosa oportunidade de presenciar a maxia dun cuarteto de corda en directo, arroupado pola acústica excepcional e a beleza arquitectónica da nosa Igrexa Vella 😍

Agardamos contar coa vosa asistencia! 👏🏽

Comments are closed.

Close Search Window