Xornadas Micolóxicas 2025
Atención, amantes dos fungos e dos cogomelos ‼
Esta semana comezan as Xornadas Micolóxicas, un evento xa consolidado no outono marinense que organizamos outro ano máis desde o Ateneo 🍄🍄🟫
O ciclo de conferencias terá lugar no noso local (Rúa do Forno, nº42, baixo) do 29 ao 31 de outubro, ás 20:00h, culminando cunha saída ao monte o 1 de novembro 🌳🍂 (se o tempo o permite… 🌧)
O obxectivo destas xornadas, organizadas coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín, é ofrecer unha formación completa e de calidade, combinando a divulgación científica coa posta en valor do patrimonio micolóxico galego 🧐
Podedes consultar o programa con toda a información no cartel 👏🏼
A asistencia as Xornadas é gratuíta ata completar aforo, así que non o pensedes máis e aproveitade esta oportunidade de afondar no fascinante mundo da micoloxía 😍