
Obra de teatro “A pequena cabana”
Este venres, 10 de outubro, vémonos ás 20:00 h no auditorio do IES Illa de Tambo para desfrutar da divertidísima obra teatral “A pequena cabana” 🛖🏝️
A cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior 🎭, esta adaptación da comedia de André Roussin propón unha situación disparatada: unha parella e o seu amigo, sós nunha illa despois dun naufraxio… Risas aseguradas!
Non perdas a oportunidade de ver en acción a Salvador Álvarez, Suso Fernández, Cristina Brísimo e Carlos Cerviño.
A entrada é gratuíta ata completar aforo 💸
Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.
Agardámoste! 👏🏼