A sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia contará neste mes de maio coa exposición CERÚLEO, de Elena Uzal. Natural e actualmente residente en Pontevedra, durante a súa infancia e xuventude viviu en México coa súa familia. A exposición poderase visitar do 10 ao 31 de maio no noso horario habitual e estades todos e todas convidados/as a inauguración este venres, 10 de maio, ás 20:00 no Ateneo.
ELENA UZAL, debuxar o que esta mais alá
A arte sirve para explicar o sorprendente. Explicar como miramos o interpretamos un obxecto, unha paisaxe ou simplemente un concepto. Elena Uzal é unha artista que intenta transmitirnos o seu interior. Trata cos seus debuxos coloreados de achegarnos a unha realidade aparente e a vez invisible.
Esta é unha das súas primeiras mostras e xa ten un dominio da mirada e da composición moi grande. Tamén ten como é normal unha profunda preocupación pola técnica.
Elena Uzal ten esa virtude da humildade. Esa percura da sinxeleza. A pintura ten sempre unha carga terapéutica. Na nosa artista pintar ten tamén
moito de terapia. Elena Uzal nos propón nesta mostra unha serie de temas cunha perspectiva de xénero evidente nalgunha obras. Una sensibilidade evidente.
Comeza no ano 2019 dun xeito autodidacta facendo moitos debuxos en diversas técnicas ata que atopa a acuarela onde se sinte como na casa. Recentemente ilustrou un libro.