Un ano máis e con este xa van 31ª edicións, presentamos unha nova exposición de VOILÀ LA FEMME. A mostra poderase visitar dende o 6 de marzo ata o 5 de abril, no noso horario habitual.
Comisariada por Celeste Garrido, este ano contaremos coas seguintes artistas que mostrarán a súa obra, todas de distintas disciplinas artísticas:
– Adriana Rodríguez García
– Alba Prado Fuentes
– Carmen Suárez Marcos
– Celia Vilariño Porto
– Medeinha (María González Rodríguez)
– Mónica Lago Gómez
A inauguración terá lugar o mércores, 6 de marzo ás 20:00 no local do Ateneo Santa Cecilia.