San Miguel 2024
Xa chegou o mes de setembro, e con el a celebración de San Miguel, patrón de Marín e dos mariñeiros.
Dende o Padroado de Mareantes San Miguel, como Presidente por primeira vez, recollo o testemuño para asumir a responsabilidade de protexer, manter e difundir a tradicional Danza de Espadas de Marín máis aló das nosas contornas, achegando aos máis novos unha das danzas máis antigas de España.
Debemos darnos conta, como sociedade, da importancia de deixar unha herdanza cultural aos nosos descendentes, traballando non só dende os organismos oficiais ou asociacións, senón implicándonos dende as nosas casas.
Neste domingo 29 de setembro convidamos aos avós, fillos e netos a poñer a vestimenta (saia ou pantalón e camisa branca, faxín vermello ou azul e zapatillas), percorrer as engalanadas rúas de Marín e participar dos actos programados pola festividade do Arcanxo San Miguel, gozando un ano máis da nosa Danza de Espadas.
¡Viva San Miguel!
¡Viva a Danza de Espadas!