Proxecto LAR

Cuándo

Dic 05 - Dic 20    
Todo el día

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa do Forno, 42, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

PROXECTO LAR: unha indagación artística sobre o fogar e a memoria

O Ateneo Santa Cecilia e a súa sala de exposicións inaugura o vindeiro martes, 5 de decembro ás 20:00 a exposición PROXECTO LAR das artistas Silvia Cor (Uruguay) e Sibila Pujadas (Argentina), que estará aberta ao público do 5 ao 20 de decembro. Trátase dunha serie de traballos que reúnen técnicas de collage, esgrafiado e debuxo. A partir do termo galego “lar”, que comprende a patria, a familia, o recuncho amado, os antepasados, os que non esquecen xamais, as obras propoñen unha exploración sobre as raíces familiares, a memoria e o fogar. 

 

Para recordar tuve que partir y soñar con el regreso

-como Ulises- sin regresar jamás.

Ítaca existe, a condición de no recuperarla. 

Cristina PeriRossi 

 

A EXPOSICIÓN

A conexión entre Galicia e Arxentina/Uruguay é innegable. Centos de anos de historias discorreron por esa ponte invisible sobre o Atlántico, xunto con familias divididas por guerras, fames negras e a promesa dunha vida mellor ao outro lado do incerto. O século XX viu pasar importantes ondas migratorias. Eran épocas en que “cruzar o charco” constituía unha aventura que se afrontaba practicamente a cegas e América era a terra prometida para quenes escapaban dos horrores, a persecución e a fame.

A historia repítese (ou recíclase)na actualidade, cando son os mesmos descendentes de aqueles intrépidos inmigrantes os que parten en busca de mellores condicións no vello continente. A roda segue xirando, os migrantes andando, e os soños empuxando.

Estas dúas artistas, fillas da emigración reencóntranse no ano 2022 en Pontevedra, na terra dos seus avós e en longas conversas comezaron a afondar na memoria dende un lugar persoal pero tamén transxeracional. As preguntas comezaron a multiplicarse: ¿que é o fogar?, ¿a patria dos nosos pais e avós?, ¿o sitio onde crecimos?, ¿os nosos hábitos e costumes?, ¿o lugar onde podemos prosperar?…

O resultado plásmase nesta exposición conxunta que nos van a amosar na sala do Ateneo, onde vos agardamos para a inauguración e contemplación da obra mentres permaneza aberta ate o 20 de decembro, como sempre con entrada libre.

Comments are closed.

Close Search Window