A sede do Ateneo Santa Cecilia acollerá o vindeiro xoves, día 18 ás 20:00, a presentación do libro ‘La ley de mi segunda oportunidad’, obra do periodista e escritor bueuense de nacemento e marinense de adopción, Álvaro Agulla. No acto estará acompañado polo abogado Feliciano Nogueira e o profesional financieiro xubilado José G. Cuervo.
O primeiro que o autor quere deixar claro, é que os feitos que narra son reais, e que a sua pretensión no é so entreter senon tamén dar a coñecer a lei coñecida como da Segunda Oportunidade, por si a experiencia pola que tivo que pasar poudera servir a outras persoas a resolver os seus problemas financierios derivados da crise económica iniciada no ano 2008.