Presentación do libro "Unha historia da arte galega" de Carlos Bernárdez

Cuándo

Ene 19    
20:00 - 21:30

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa do Forno, 42, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

Presentación do libro “Unha historia da arte galega” de Carlos López Bernárdez

 

Este venres, 19 de xaneiro ás 20:00 h, o historiador da arte Carlos López Bernárdez presenta o seu último traballo «Unha historia da arte galega», editado por Laiovento, no Ateneo Santa Cecilia de Marín.

O autor desenvolve a súa labor como ensaísta de temas artísticos e literarios ao mesmo tempo que comisaría diversas exposicións artísticas. Ten publicados numerosos libros relacionados co mundo da arte entre os que destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (2004), Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2011), Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Ed. Laiovento. 2018)  Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (Ed. Laiovento. 2020). Publicou tamén estudos literarios sobre Manuel Antonio, Vicente Risco, Lorenzo Varela, Xosé María Álvarez Blázquez ou Ramón Cabanillas .

Das súas publicacións en catálogos e comisariados destacan Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano; De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a arte galega de posguerra; O retrato de Galicia 1890-1950; Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos e Foi un home. Laxeiro en América. Ademáis, colabora en diversos xornais, suplementos culturais, etc.

Convidámoste a asistir a presentación desta obra que esta tendo unha gran acollida e na que o autor vai estar acompañado polo cineasta Xan Leira, autor de diversos documentais sobre varios dos personaxes recollidos neste libro e que forman parte do patrimonio artístico de Galicia.

Comments are closed.

Close Search Window