Obradoiro de Arte Dixital

Cuándo

Nov 28    
00:00

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa do Forno, 42, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

OBRADOIRO DE ARTE DIXITAL

O curso titulado «OBRADOIRO DE ARTE DIXITAL»dirixido a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO que consiste en aprender a debuxar no portatil ou ordenador de sobremesa con tableta (dispositivo informático móvil no que non existe un teclado físico), o que permite unha perfecta definición do debuxado dixital. Terá a duración do curso escolar e realizarase un día á semana en horario de 17 a 19.

Información do profesor:

O meu nome é Iván González e son un artista dixital freelance especializado no deseño e ilustración de vehículos, aínda que tamén realizo traballos noutras temáticas. Consulta o meu portafolio: https://www.artstation.com/ivanmercenario.

Formato das clases:

As primeiras catro clases estarán dedicadas á aprendizaxe de conceptos básicos do programa: pinceis, capas, cor, atallos de teclado, formatos de arquivo, etc. Chegado este punto, o alumno contará cos coñecementos básicos para poder facer traballos no seu ordenador da casa se así o desexa. Unha vez aprendidos os procedementos básicos, a clase centrarase en exercicios prácticos destinados a practicar diferentes fundamentos da arte aplicados ás ferramentas dixitais como perspectiva, teoría da cor ou composición. Estes exercicios ofrecerán oportunidades para que o alumno desenvolva a súa capacidade de resolución de problemas e a súa creatividade. Algúns exemplos poderían ser a elaboración de pezas a partir de descricións escritas, deseñar personaxes orixinais baseados na estética de franquicias existentes (por exemplo, deseñar un superheroe orixinal no universo Marvel) ou aplicar un xiro creativo a ideas xa existentes (como redeseñar unha nave espacial de Star Wars cunha estética steampunk).

Prezos: 

Socios:  15€/MES

Non socios: 25€/MES

Requisitos: 

Únicamente é preciso levar un portátil.  A TABLETA GRÁFICA ESTÁ INCLUIDA NO CURSO. 

 

Matrícula.

Para rexistrarse no curso faino a través dunha destas opcións:

  • Envía un correo electrónico á conta do Ateneo: ateneosantacecilia@gmail.com
  • Chámanos por tetéfono ó número  986 88 02 83  en horario de 18:00 a 20:30 horas, de luns a venres:
  • Pásate polo noso local en horario de 18:00 a 20:30 horas, de luns a venres e te atenderemos persoalmente.

O prazo de matrícula queda aberto ata completar os grupos.

Para mais información poden contactar co Ateneo en horario de 18:00 a 20:30 horas, de luns a venres

Comments are closed.

Close Search Window