Mar, emoción e cor

Cuándo

Ene 10 - Ene 27    
Todo el día

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa do Forno, 42, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

EXPOSICIÓN

Mar, emoción e cor

Alicia Lamas

No Ateneo Santa Cecilia comezamos o ano 2024 con bo pé da man de Alicia Lamas, titulada na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo en pintura e debuxo. Presentaranos a súa exposición titulada Mar, emoción e cor. A mostra poderase visitar do 10 ao 27 de xaneiro, no noso horario habitual.

Mar, emoción e cor

A obra está realizada en técnica mixta con acrílico. Emprega diversas formas orgánicas abstraídas que se multiplican entre as pezas de este catálogo. Estas proceden da natureza sometida ao seu peculiar filtro artístico. As rítmicas pegadas do mar na area, as cores e movementos
hipnotizantes do fondo do mar ou as algas coas súas suxirentes e surrealistas formas, inspiran o seu traballo.
A beleza de todas estas formas naturais reside no seu carácter fugaz, xa que, estas mesmas formas non se volverán repetir da mesma forma na natureza, que oscila sempre entre a harmonía e o caos como forzas opostas e a vez complementarias.
A partir de esta inspiración, unhas veces busca a expresividade no resultado final da obra, utilizando o contraste de cor para transmitir os sentimentos que evocan nela os distintos elementos representados. Noutras ocasións, faino traballando con elementos matéricos e obxectos reciclados.
A inauguración terá lugar o mércores, 10 de xaneiro ás 20:00 horas.

Comments are closed.

Close Search Window