Exposición "Recordos" de Basti Grande

Cuándo

Ene 30 - Feb 13    
20:00

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

Exposición “Recordos” de Basti Grande

“Como se fai unha copia da memoria?” 🤔

Esta é a pregunta que formula o pintor co que inauguramos o noso calendario de exposicións de 2026 🎨

O vindeiro venres 30 de xaneiro ás 20:00 h, Sebastián Grande Santos (Basti Grande) presenta no Ateneo “Recordos”, unha colección de cadros cheos de cor e paixón, onde cada pincelada nace da necesidade de salvar do esquecemento as vivencias que nos forman 🖼️

En palabras do propio artista:

“Sen ter pintado nada na miña vida, de súpeto, púxenme a pintar cadros con fotos e recordos vellos e pensei que me gustaría amosarlle a todo o mundo o meu álbum de recordos, gustaríame facer unha exposición… E aquí estamos”

A mostra estará aberta do 30 de xaneiro ao 13 de febreiro 📅  Horario de visitas: luns a venres, de 18:00 h a 20:30 h ⌚ Entrada libre e de balde ata completar o aforo 💸

Animádevos a descubrir a historia e o talento de Basti Grande! 😉✨

Comments are closed.

Close Search Window