Concurso de orellas e filloas 2026
Tes unha receita secreta de orellas? Fas unhas filloas de escándalo? 🎭 Pois o vindeiro martes 17 de febreiro tes unha cita no Ateneo para participar no noso tradicional “Concurso de orellas e filloas” 😋 🏆
Horario da xornada ⏰:
• De 18:00 h a 19:00 h – Entrega das orellas e/ou filloas no local do Ateneo
• A partir das 20:00 h – Decisión do xurado, entrega de premios e posterior degustación
Requisitos e información de interese 📝:
• Participación: Libre, gratuíta e sen límite de idade
• Presentación: Mínimo de 13 unidades por sobremesa
• Elaboración: Estilo libre, pero respectando sempre a forma tradicional de cada prato
• Inscrición: Entrega do prato xunto cun sobre pechado co teu nome, enderezo e teléfono de contacto
Tes algunha dúbida? 🤔 Contacta connosco! Estamos desexando gozar do teu talento culinario 👨🍳👩🍳👏🏼