Concurso de cartaces do Enterro da Sardiña 2024

Cuándo

Ene 15 - Ene 24    
Todo el día

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa do Forno, 42, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

CONCURSO CARTAZ ESCOLAR – ENTERRO DA SARDIÑA 2024

Como cada ano ao comezo do 2024, no Ateneo Santa Cecilia comezamos os preparativos para o mércores de cinza, día no que celebramos o Enterro da Sardiña (14 febreiro).

Este ano dende a directiva decidiuse realizar un CONCURSO CARTAZ ESCOLAR – ENTERRO DA SARDIÑA 2024, no que todos aqueles/as escolares dos 6 aos 17 anos poden participar presentado os seus debuxos (DIN-A4) relacionados coa temática do Enterro da Sardiña de Marín.

Os debuxos poderanse entregar fisicamente no noso local (Rúa do Forno, 42, baixo) e o prazo de entrega remata o mércores, 24 de xaneiro ás 20:00.

Haberá un premio por categoría:

    • CATEGORÍA A (1º a 6º primaria): 75€
    • CATEGORÍA B (ESO e Bacharelato): 100€

Un dos debuxos gañadores será o cartaz anunciador do Enterro da Sardiña 2024.

A continuación achegamos as bases do concurso e animámosvos a que participades neste concurso para axudarnos a facer máis especial esta data no noso calendario do Entroido de Marín

 

BASES DO CONCURSO

O concurso de debuxos organizado polo Ateneo Santa Cecilia, en adiante “organización”, ten por obxecto fomentar a creación artística e integrar no festexo do Enterro da Sardiña de Marín a todos e todas os/as nenos/as.

  1. PARTICIPANTES: Escolares dos colexios e IES de Marín e Praceres, de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos.
    ▪      Categoría A: 1º a 6º primaria
    ▪      Categoría B: ESO e BACHARELATO
  2. ESTILO, TÉCNICA E TAMAÑO: O estilo e técnica serán libres, e a temática do debuxo estará relacionada co Enterro da Sardiña de Marín. O tamaño será DIN-A4. Non se poderán utilizar fotografías, nin material dixital para a súa elaboración. Preténdese que cada participante represente como ve este festexo dende o seu punto de vista e fáganos partícipes ao resto.
  3. RECEPCIÓN OBRAS: As obras presentaranse na sede do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno, 42 baixo). Cada traballo terá que identificarse co nome, apelidos, idade, centro educativo e número de teléfono.
  4. DATA LÍMITE ENTREGA: O prazo de entrega remata o día 24 de xaneiro ás 20:00. Non se admitirá ningunha obra fora de este prazo.
  5. XURADO: Estará formado por membros da directiva e persoas especializadas na materia que serán designados pola organización.
  6. FALLO DO XURADO: Será inapelable e darase a coñecer o 26 de xaneiro de 2024 a través das nosas canles (Facebook, Instagram, www.ateneosantacecilia.org)
  7. PREMIOS: Haberá un único premio por cada categoría:
    ▪ CATEGORÍA A: 75€ ▪ CATEGORÍA B: 100€
  8.  PROPIEDADE: As obras premiadas quedarán en propiedade do Ateneo Santa Cecilia, que se reserva todos os dereitos sobre as mesmas, incluídos os de reprodución. Os/As titores/as legais dos/as autores/as das obras premiadas ceden en exclusividade e de forma gratuíta os dereitos de explotación das obras á organización do Concurso.
  9. ORGANIZACIÓN: O Ateneo Santa Cecilia, organizador do I Concurso Escolar “Pinta o cartel do Enterro da Sardiña”, resérvase o dereito de facer modificación ou tomar iniciativas non reguladas nas presentes bases, sempre que estas contribúan ao maior éxito da convocatoria. A participación na mesma supón a previa aceptación das bases.
  10. Un dos debuxos gañadores será o cartaz anunciador do Enterro da Sardiña 2024

Comments are closed.

Close Search Window