Concurso contos e postais de Nadal

Cuándo

Dic 12 - Dic 21    
Todo el día

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa do Forno, 42, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

CONCURSO CONTOS E POSTAIS DE NADAL

Como cada ano, convocamos o Concurso de Contos e Postais de Nadal para os/as escolares de ata 16 anos dos centros de ensino de Marín. Esta actividade engloba non só o Concurso, senon tamén a mostra dos traballos premiados, posteriormente, na sala de de exposicións do Ateneo Santa Cecilia. 

 

BASES DO CONCURSO DE CONTOS DE NADAL 2023 

PRIMEIRA: Poderán concursar todos os nenos e nenas que estean empadroados no Concello de Marín. CATEGORÍA A) 1º e 2º de Primaria CATEGORÍA B) 3º e 4º de Primaria CATEGORÍA C) 5º e 6º de Primaria CATEGORÍA D) ESO CATEGORÍA E) Educación Especial 

SEGUNDA: A TEMÁTICA dos contos desenvolverase arredor do tempo do Nadal tal e como cada autor/a o conciba na súa imaxinación. 

TERCEIRA: Os contos deberán ser ORIXINAIS e INÉDITOS, no idioma galego, non tendo sido premiados noutros concursos anteriormente. 

CUARTA: A extensión MÁXIMA para as categorías A, B, C e E será de dous folios A4. Para a categoría D (ESO) a extensión será de 5 folios A4. 

QUINTA: Os traballos poderán presentarse con todos aqueles elementos decorativos que o autor/a considere oportunos, MANUSCRITOS, con letra ben lexible. Será valorada positivamente a corrección ortográfica en cada caso. O nome do autor non debe figurar no traballo. 

SEXTA: O prazo de entrega será ata o martes, 12 de decembro de 2023 no Ateneo Santa Cecilia de 17:30 a 20:30 horas (Rúa do Forno, 42 -baixo). 

SÉTIMA: Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado onde incluirá outro sobre de menor tamaño, tamén pechado, que conterá os seguintes datos do autor/a: nome e apelidos, idade, curso, colexio, dirección postal ou correo electrónico e teléfono. No exterior do sobre deberá figurar a letra que designa a súa categoría e un alcume, o mesmo que irá no traballo. 

OITAVA: • Haberá TRES PREMIOS nas categorías A, B, C. 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €. 3º Premio: un diploma e un vale por importe de 20 €. • Na categoría E (Educación Especial), haberá DOUS PREMIOS. 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €. • Na categoría D (ESO) haberá TRES PREMIOS. 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 75 €. 2º Premio; un diploma e un vale por importe de 50 € e un 3º Premio: un diploma en un vale por 30 € 

NOVENA: Os premios entregaranse o xoves dia 21 de decembro ás 19:00 horas na sede do Ateneo Santa Cecilia. 

DÉCIMA: O xurado estará presidido por un/ha representante da Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia e persoas especialistas en lingua e literatura galega. Valorarase a orixinalidade e o esforzo creativo. 

UNDÉCIMA: Os dereitos de propiedade dos contos gañadores, así como os orixinais, quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia, que reserva os dereitos de explotación do traballo, produción, distribución, exposición ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro. Non obstante, o Ateneo comprométese a devolver os traballos non premiados por petición dos/as interesados/as. 

DUODÉCIMA: Os vales dos premios caducan aos 30 días da súa entrega aos/as premiados/as.

 

BASES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023 

PRIMEIRA: Poderán concursar todos os nenos e nenas que estean empadroados no Concello de Marín. CATEGORÍA A: Educación Infantil CATEGORÍA B: 1º e 2º Primaria CATEGORÍA C: 3º e 4º Primaria CATEGORÍA D: 5º e 6º Primaria CATEGORÍA E: Educación Especial 

SEGUNDA: As obras presentaranse nunha dimensión máxima de tamaño folio A4. O tema dos debuxos será libre, pero sempre relacionados co Nadal. 

TERCEIRA: Presentarase un debuxo por neno/a. Cada postal deberá ter escritos pola parte traseira os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, colexio onde cursa estudos, curso, dirección postal ou correo electrónico e teléfono. 

CUARTA: O prazo de entrega será ata o martes, 12 de decembro de 2023 no Ateneo Santa Cecilia de 17:30 a 20:30 horas (Rúa do Forno, 42 – Baixo) 

QUINTA: Haberá TRES PREMIOS nas categorías A, B, C e D: 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €. 3º Premio: un diploma e un vale por importe de 20 €. Na categoría E, haberá DOUS PREMIOS. 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €. 

SEXTA: Os premios entregaranse o xoves dia 21 de decembro ás 19:00 horas na sede do Ateneo Santa Cecilia, si as circunstancias epidemiolóxicas o permiten. 

SÉTIMA: Os debuxos orixinais quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia, que reserva os dereitos de explotación do traballo, produción, distribución, exposición ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro. Non obstante, o Ateneo comprométese a devolver os traballos non premiados por petición dos/as interesados/as. 

OITAVA: O xurado estará presidido por un/ha representante da Xunta Directiva do Ateneo e persoas do mundo artístico do Concello. Valorarase a orixinalidade e o esforzo creativo do debuxo, a adaptación técnica á idade do neno/a, a calidade técnica e o valor artístico dos traballos, así como a adaptación ao obxecto do concurso. 

NOVENA: Todas as postais presentadas formarán parte da mostra que estará exposta ao público no local do Ateneo Santa Cecilia dende o día 22 de decembro ata o día 12 de xaneiro. 

DÉCIMA: Os vales dos premios caducan aos 30 días da súa entrega aos/as premiados/as

Comments are closed.

Close Search Window