Club de Lectura de MARZO

Cuándo

Mar 25    
18:30

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

Club de Lectura de MARZO

Na sesión do 25 de marzo falaremos sobre o libro “Punto de araña” de Nerea Pallares 🕷️

Por que ler esta obra? 🧐: A primeira novela de Nerea Pallares é unha obra mariñeira e coral, salpicada pola escuma das ondas que rompen contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan fronte á inxustiza. Unha oda ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que, en silencio, entrelazan o mundo e ás mans das amigas, rede de redes.

🗓️ Día: Mércores, 25 de marzo
Hora: 18:30 horas
📍 Lugar: No noso local (Rúa do Forno, 42 – Baixo, Marín)

Anímate ‼️ A entrada é libre e gratuíta. O único requisito é vir con ganas de desfrutar dunha boa charla literaria connosco 📖😊

Comments are closed.

Close Search Window