MAN-UALIDADES "Outono"

Cuándo

Oct 18    
11:00 - 12:30

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

MAN-UALIDADES “Outono”

Dentro do ciclo de obradoiros temáticos de manualidades para peques, o Ateneo Santa Cecilia abre o prazo para inscribirse no primeiro deles: “Outono”, que terá lugar o sábado, 18 de outubro, de 11:00 a 12:30 horas, no local da entidade, situado na rúa do Forno, n°42. A data límite para apuntarse é o 8 de outubro.
Dado que a actividade se desenvolverá no mes de outubro, mes do outono por excelencia, as manualidades estarán relacionadas con esta estación. O obradoiro está dirixido a nenos e nenas a partir de 7 anos. As prazas son limitadas e terán preferencia os fillos e fillas de socios e socias, que poderán participar de forma gratuíta.
Os nenos e nenas que non cumpran este requisito, e sempre que haxa prazas dispoñibles, deberán aboar unha cota de 8 € por participante (5€ se se anotan dous ou máis irmáns/irmás). Este pagamento efectuarase en efectivo na nosa sede.
A inscrición pode facerse de tres maneiras:
  • Presencialmente: no local do Ateneo, de luns a venres, de 18:00 a 20:30 horas.
  • Por teléfono: chamando ao 698171276 no mesmo horario.
  • Por correo electrónico: ateneosantacecilia@gmail.com
Unha vez remate este obradoiro, abriremos o prazo de inscrición para o seguinte, “Instrumentos musicais”, que se celebrará o 15 de novembro. Por último, queremos destacar que en todos os talleres buscaremos aproveitar, na medida do posible, materiais de refugallo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Close Search Window