XORNADAS MICOLÓXICAS – 2023
Chegou o outono e por iso dende o Ateneo Santa Cecilia organizamos, como cada ano, as XORNADAS MICOLÓXICAS – 2023. O público poderá desfrutar durante tres días de charlas sobre micoloxía impartidas por membros do Grupo Micolóxico Galego – Luis Freire e o último día, como peche sairemos ao monte para poñer en práctica o aprendido (hora e lugar por determinar).
Estas charlas terán lugar no local do Ateneo Santa Cecilia do 8 ao 10 de novembro ás 20:00 da tarde. A saída a monte está prevista para o sábado, 11 de novembro. A entrada é aberta a todo o público, de balde e ate completar aforo.
O programa será o seguinte:
Mércores, 8
Presentación das Xornadas a cargo de Celso Méndez Fraguas
Oscar Requejo
Presidente do grupo Micoloxico Galego
“Iniciación a Micoloxía”
Xoves 9
Puri Lorenzo
Bióloga e do Grupo Micolóxico Galego
“Principais especies comestibles”
Venres 10
Jaime Blanco
Inxenieiro agrónomo. Presidente da
Asociación micolóxica Brincabois de Pontevedra
“Especies galegas novas para a ciencia”
Sábado 11
Saída o monte. Lugar e hora a determinar.
Así mesmo, o noso local contará cunha Mostra Fotográfica Micolóxica ata o 10 de novembro.