Xornadas tecnolóxicas

Cuándo

Nov 15 - Nov 17    
20:00 - 21:00

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa do Forno, 42, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

XORNADAS TECNOLÓXICAS

No Ateneo Santa Cecilia somos conscientes do momento que estamos a vivir, a presenza da tecnoloxía é unha realidade en todolos aspectos da nosa vida. Para contestar a moitas das dúbidas que nos asolan, quixemos organizar estas xornadas con tres especialistas nas súas materias.

As XORNDAS TECNOLÓXICAS céntranse en tres áreas distintas: Intelixencia Artificial, Ciberseguridade e Marketing extratéxico. Os protagonistas destas charlas, marinenses e adicados a cada un destes sectores son Pablo Navarro, Jaime Loureiro e Marcial Villaverde.

 

Mércores, 15

Pablo Navarro

Pablo Navarro traballa como Enxeñeiro de Datos en Hermasa, axudando a fabricar a seguinte xeración de máquinas “smart” para a industria conserveira. Antes, traballou como Enxeñeiro de datos e software para CRESMART ADVISOR (Rumanía) durante 5 anos. Comezou a súa carreira en software na empresa islandesa Locatify. Estudou Física, pero descubrir a programación e todas as súas posibilidades fíxolle descubrir a súa vocación.

“Intelixencia Artificial” A IA está de moda, e dise de todo dela: algúns din que é o futuro, outros que pode ser moi perigosa… Pero a maior pregunta é: como pode axudarnos no noso día a día normal? Todas estas cuestións e Frank Sinatra cantando en galego, na charla do Ateneo Santa Cecilia.

 

Xoves, 16

Jaime Loureiro

Enxeñeiro en telecomunicacións, Máster en procesado seguro de señáis multimedia, Máster en ciberseguridade informática e experto en seguriade e privacidad da información con máis de 14 anos de experiencia no sector. Actualmente traballa no Centro Tecnolóxico das Telecomunicación de Galicia como responsable da línea tecnolóxica de Seguriade Avanzada do Datos. 

“Ciberseguridade para as familias e adolescentes” Esta actividade ten como obxectivo concienciar ás familias dos perigos que existen se facemos un uso irresponsable da tecnoloxía e internet. Cada vez máis, a tecnoloxía, forma parte do día a día dos nosos fillos e fillas e, sen dúbida, nos facilita a vida á hora de levar a cabo as nosas actividades cotidianas. No obstante o uso de la tecnoloxía non está exento de riscos e canto máis utilizamos internet maior e a nosa exposición ás ciberamenazas e maior é a probabilidade de sufrir un ciberataque (pérdidas de datos personales, filtración de información, robo de contas bancarias, ciberbullying, acoso, etc… ).  A charla vai dirixida a nais, pais e adolescentes de entre 13-16 anos que comezan xa a utilizar o móvil dunha forma independente sen a supervisión dun adulto. O curso seguirá un enfoque práctico para que poidan visualizar in situ as consecuencias negativas de sufrir un ciberataque.

 

Venres, 17

Marcial Villaverde

Emprendedor no sector dixital. Dende fai 15 anos se ha formase en diferentes campos de internet, dende o deseño e desenrolo web ata a venta online e a imaxe de marca enfocada a propuestas de valor. Despois de pasar pola Enxeñería en Telecomunicacións, Marketing e Publicidade, decide centrarse na creación de diferentes empresas adicadas á estratexia e desenvolvemento de servicios dixitais.

“Marketing estratéxico para o negocio local”¿Qué é o máis importante para chegar a un punto? Un mapa. Calquer negocio necesita unha folla de ruta, ou máis en concreto, diferentes follas de ruta concretas para cada área do proxecto. Aquí imos a expoñer a estratexia dixital e o desenrolo dunha imaxe de marca centrada en transmitir os valores que temos e ensinar o valor do que hacemos. A era dixital xa non é que sexa nova, é que xa pasamos por diferentes etapas e se non queres quedarte na glaciación, deberías estar á vangarda de todo o que o teu negocio pode implementar e aproveitar.

Comments are closed.

Close Search Window