Xornadas micolóxicas

Cuándo

Nov 08 - Nov 11    
Todo el día

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa do Forno, 42, Marín, 36900, Pontevedra

Tipo de evento

Mapa no disponible

XORNADAS MICOLÓXICAS – 2023

Chegou o outono e por iso dende o Ateneo Santa Cecilia organizamos, como cada ano, as XORNADAS MICOLÓXICAS – 2023. O público poderá desfrutar durante tres días de charlas sobre micoloxía impartidas por membros do Grupo Micolóxico Galego – Luis Freire e o último día, como peche sairemos ao monte para poñer en práctica o aprendido (hora e lugar por determinar).

Estas charlas terán lugar no local do Ateneo Santa Cecilia do 8 ao 10 de novembro ás 20:00 da tarde. A saída a monte está prevista para o sábado, 11 de novembro. A entrada é aberta a todo o público, de balde e ate completar aforo. 

O programa será o seguinte:

Mércores, 8

Presentación das Xornadas a cargo de Celso Méndez Fraguas

Oscar Requejo

Presidente do grupo Micoloxico Galego

“Iniciación a Micoloxía”

Xoves 9

Puri Lorenzo

Bióloga e do Grupo Micolóxico Galego

“Principais especies comestibles”

Venres 10

Jaime Blanco

Inxenieiro agrónomo. Presidente da

Asociación micolóxica Brincabois de Pontevedra

“Especies galegas novas para a ciencia”

Sábado 11

Saída o monte. Lugar e hora a determinar.

Así mesmo, o noso local contará cunha Mostra Fotográfica Micolóxica ata o 10 de novembro.

Comments are closed.

Close Search Window