XII Edición do Concurso MARÍN CONTA
Cada vez falta menos para celebrar o Día das Letras Galegas e, como xa é tradición, chega unha das citas máis agardadas do noso calendario cultural: a XII Edición do Concurso de Relato Curto “Marín Conta”, organizado polo Ateneo Santa Cecilia 📚
Convidamos a todo o alumnado de Primaria e ESO dos centros escolares de Marín a deixar voar a súa imaxinación e participar cun relato curto escrito en galego (máis información nas bases do concurso)✍🏼
📅 Datas de interese:
* Límite de entrega: O prazo de recepción dos traballos remata o martes 28 de abril de 2026 ás 20:00 horas.
* Finalistas: O xoves 14 de maio daranse a coñecer os relatos seleccionados en cada unha das tres categorías.
* Momento dos premios: O fallo do xurado e a entrega de premios serán o venres 15 de maio ás 20:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia.
Tes unha historia que contar? Anímate a participar! 😉
Podes consultar as bases completas do concurso nesta ligazón: https://drive.google.com/file/d/19AIDqXlIdw7kGWW0RFEglG66wuaaeo9N/view?usp=sharing ✅