Proxección e entrega de premios do “Concurso Audiovisual Ano Castelao”
📢 Gardade a data: este venres 26/12, ás 19:00 horas, no salón de actos do IES Illa de Tambo: proxección e entrega de premios do “Concurso Audiovisual Ano Castelao” ‼️
Despois de que o xurado valorase a creatividade, o talento e o esforzo dedicado en cada un dos vídeos recibidos, por fin chega o momento de coñecer os resultados 🏆
Neste acto, de acceso libre e de balde 💸, proxectaranse todas as pezas presentadas, que recibirán un recoñecemento independentemente da clasificación final 🎁
Por iso, pregamos a asistencia de todo o alumnado concursante para recoller o seu agasallo e descubrir cales son as propostas galardoadas cos premios principais 🥰
Convidamos a toda a vila a gozar desta xornada de curtos cinematográficos en honra ao gran Castelao 🎬👏🏼