Presentación do libro “Comerás Flores” de Lucía Solla Sobral
Por fin podemos anuncialo! 📚🌻🌷🪻🌹
É unha honra, unha alegría e, sobre todo, un orgullo enorme para o Ateneo confirmar que Lucía Solla Sobral presentará a versión en galego do seu aclamado libro “Comerás flores” na súa propia vila 😍
O encontro, no que a autora conversará coa recoñecida escritora Arantza Portabales, terá lugar o sábado 28 de marzo ás 12:00 horas no Museo Municipal Manuel Torres de Marín 👏🏼
Agardamos pola vosa compañía para festexar o éxito de Lucía, arroupala nesta cita tan especial e descubrir os segredos dunha historia que está conquistando ao mundo enteiro! 🌍
E por se fose pouco… ao remate do acto, a autora asinará exemplares da obra! ✍🏼✨ Tamén haberá un espazo para mercar o libro no momento por se alguén aínda non o ten 😉
Coa colaboración do Concello de Marín, Libraría Metáfora, Libros del Asteroide e Aira Editorial ❤️