Obradoiros de MANUALIDADES

Cuándo

Dic 29 - Dic 30    
11:00 - 12:30

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

Obradoiros de MANUALIDADES

Dentro da programación cultural e de lecer dirixida aos máis pequenos e pequenas da casa, abrimos o prazo para inscribirse nos obradoiros de “MAN-UALIDADES” 🎨 que terán lugar durante as vacacións de Nadal 🎄 na nosa sede (Rúa do Forno, nº42 – Baixo, Marín) ‼️

Luns, 29 de decembro de 2025: Temática “Outono”, onde se realizarán creacións inspiradas nesta estación e na natureza 🍂

Martes, 30 de decembro de 2025: Temática “Instrumentos Musicais”, un obradoiro divertido para construír e decorar os seus propios instrumentos 🪇

Xoves, 2 de xaneiro de 2026: Temática “Agasallos Nadal”, ideal para preparar detalles artesanais para a recta final das festas 🎁

Os obradoiros están dirixidos a nenos e nenas a partir de 7 anos. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse con antelación.

Seguindo a filosofía da entidade, terán preferencia os fillos e fillas das persoas socias do Ateneo, que poderán participar de balde. Para os nenos e nenas non socios/as, a cota de inscrición é de 8€ por participante. No caso de inscribirse dous ou máis irmáns/irmás, o prezo reducido será de 5€ cada un/a.

Ademais, en todos os talleres procurarase fomentar a reciclaxe e a sustentabilidade, aproveitando, na medida do posible, materiais de refugallo para darlles unha segunda vida a través da arte ♻️

As familias interesadas poden formalizar a inscrición a través de tres vías:

  • Presencialmente: No local do Ateneo, de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 horas.
  • Por teléfono: Chamando ao 698171276 no mesmo horario (tamén dispoñible para consultas).
  • Por correo electrónico: Escribindo a ateneosantacecilia@gmail.com

Desde o Ateneo Santa Cecilia animamos a todas as familias de Marín e arredores a achegarse e participar nesta proposta lúdica, pensada para que a rapazada goce do Nadal dun xeito creativo e en compañía!! 🥰

Comments are closed.

Close Search Window