MAN-UALIDADES "Outono"

Cuándo

Oct 25    
11:00 - 12:30

Dónde

Ateneo Santa Cecilia
Rúa Do Forno, 42, Marín, Pontevedra, 36900, Galicia

Tipo de evento

Mapa no disponible

MAN-UALIDADES “Outono”

Dentro do ciclo de obradoiros temáticos de manualidades para peques, o Ateneo Santa Cecilia abre o prazo para inscribirse no primeiro deles: “Outono”, que terá lugar o sábado, 25 de outubro, de 11:00 a 12:30 horas, no local da entidade, situado na rúa do Forno, n°42. A data límite para apuntarse é o 21 de outubro.
Dado que a actividade se desenvolverá no mes de outubro, mes do outono por excelencia, as manualidades estarán relacionadas con esta estación. O obradoiro está dirixido a nenos e nenas a partir de 7 anos. As prazas son limitadas e terán preferencia os fillos e fillas de socios e socias, que poderán participar de forma gratuíta.
Os nenos e nenas que non cumpran este requisito deberán aboar unha cota de 8 € por participante (5€ se se anotan dous ou máis irmáns/irmás). Este pagamento efectuarase en efectivo na nosa sede.
A inscrición pode facerse de tres maneiras:
  • Presencialmente: no local do Ateneo, de luns a venres, de 18:00 a 20:30 horas.
  • Por teléfono: chamando ao 698171276 no mesmo horario.
  • Por correo electrónico: ateneosantacecilia@gmail.com
Unha vez remate este obradoiro, abriremos o prazo de inscrición para o seguinte, “Instrumentos musicais”, que se celebrará o 15 de novembro. Por último, queremos destacar que en todos os talleres buscaremos aproveitar, na medida do posible, materiais de refugallo.

Comments are closed.

Close Search Window