Exposición “Reflexos e reflexións” de Miguel Villanueva
Nun mundo cheo de ruído, a arte convídanos a parar… e a nova mostra que inauguramos no Ateneo o vindeiro venres 17 de abril ás 20:00 horas é o claro exemplo diso! 🎨🖼️
“Reflexos e reflexións”, do recoñecido artista marinense Miguel Villanueva, convida ás persoas espectadoras a un exercicio de pausa e contemplación nun mundo cada vez máis convulso 🍃
Como ben di Antón Sobral, a súa obra é “un camiño de curación neste mundo hostil”. Unha oportunidade para buscar a harmonía e a paz interior a través da pintura dunha das figuras máis exitosas da nosa vila ✨
A exposición estará aberta ao público no Ateneo do 17 ao 30 de abril (luns a venres, de 18:00 a 20:30 horas) ⏰
Entrada libre e de balde ata completar a capacidade do local 💸
Animádevos a entrar neste espazo misterioso proposto polo artista! 😉