EXPOSICIÓN MANIQUÍES CREATIVOS
O Ateneo Santa Cecilia vai contar cunha exposición moi orixinal da man de Mª Luisa de Santiago – “Cocó”, chamada “MANIQUÍES CREATIVOS”. Nela poderemos ver unha mostra de maniquíes e bustos decorados e pintados con distintas técnicas artísticas. A exposición poderase visitar do 14 de novembro ao 1 de decembro.
Mª Luisa de Santiago, máis coñecida como “Cocó” xa expuxera anteriormente e impartira clases de manualidades no Ateneo Santa Cecilia. Comezou a súa andadura de experimentar artisticamente cos maniquíes a raíz dunha amizade.
A inauguración terá lugar o martes, 14 de novembro ás 20:00 da tarde no noso local.