 
	Exposición “Facianas de Muller” de Lidia Alarcón Pazos
Lidia Alarcón volve ao Ateneo! 🖼😍
O vindeiro luns, 3 de novembro, ás 20:00h, terá lugar no noso local a inauguración da súa nova exposición: “Facianas de Muller”. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo 🎟
Descubre a arte que fala por si soa 🗣 “Facianas de Muller” é unha homenaxe á diversidade, á beleza e á vitalidade das mulleres. A través de cores intensas e cunha forza expresiva inconfundible, Lidia Alarcón retrata a esencia de numerosos rostros femininos 🎨
A exposición estará aberta do 3 ao 14 de novembro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 h a 20:30 h 👏🏼
Vémonos no Ateneo ‼
 
                        
                 
    
     
			
			
		 
			
			
		 
			
			
		 
			
			
		 
			
			
		 
			
			
		 
		
		
	 
		
		
	 
		
		
	 
		
		
	 
		
		
	 
		
		
	