
Exposición “De camiño a Ítaca” de Olalla Buceta López
“De camiño a Ítaca”… ou de camiño ao Ateneo Santa Cecilia de Marín para gozar desta nova mostra! 🖼️
Este venres, 17 de outubro, ás 20:00 h, non te podes perder a inauguración da exposición pictórica “De camiño a Ítaca” 🚶🏻♀️🚶🏼♂️
Unha fascinante mostra da artista multidisciplinar Olalla Buceta López que, nas súas propias palabras, “é unha invitación a perderse e a atoparse en lugares que nunca existiron pero que recoñecemos como propios, pois non hai pretensión ningunha de chegar a Ítaca senón de gozar do proceso, do traxecto” 🎨✨
Comisariada por Antón Sobral e Antón Castro 👏🏻
A entrada é de balde ata completar aforo 💸
Poderás visitala ata o 31 de outubro, de luns a venres, de 18:00 h a 20:30 h. Agardámoste! 😍